O noso equipo está formado por profesionais sanitarios cunha visión global da Saúde.
A saúde é consecuencia da orde e equilibrio nos sistemas que nos conforman (corpo físico, mental e emocional).
Corpo, mente e emocións son sistemas vivos, en continuo movemento. Funcionan en interdependencia, creando na súa interacción un sistema maior e único que os abrangue.
O que sabemos grazas á teoría e á investigación no funcionamiento dos sistemas (sistémica), coñecemos que a modificación dunha parte modifica ás demais. Deste xeito, sabemos que, levando a saúde á mente, levámola tamén ao corpo físico-emocional e viceversa.
O noso coñecemento e experiencia no estudo do comportamento humano pon a túa disposición a xestión dos teus sistemas internos. Coa información e o acompañamento preciso recrearás o camiño cara a túa saúde física e mental.
Somos os teus profesionais.
Conversa
Pensar é fácil
Actuar é difícil
Actuar como un pensa é o máis difícil
sobre min
María Teresa González Mallo
Sicóloga (CEO do centro)
Licenciada en Sicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
Colexiada nº G-3125, membro das seccións Clínica e Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Especialista en Sistémica Familiar.
Experiencia en aplicación de configuracións.
Coñecementos de hipnose, coaching e programación neurolingüística.
Grao profesional de Música. Especialidade: canto.
Máster en Sicoloxía da Música.
Membro da Asociación Española de Psicología de la Música y la Interpretación Musical.
Pensa
Cre
Soña
Atrévete
servizos
Terapia individual
Axuda a resolver os problemas das persoas. O principal protagonista do cambio é basicamente o propio individuo. Este tipo de terapia é a máis habitual e é quen de manexar os problemas sicolóxicos máis comúns entre os que adoitan estar a ansiedade, a depresión, algúns trastornos da personalidade, entre outros.
Terapia de parella
A terapia de parella é unha cuestión de dous e normalmente é unha parte quen dá a voz de alarma e a outra está disposto/a a colaborar. Se este non é o caso, a persoa que ve o problema aínda pode ir ao profesional, que pode axudar pero con menos manobrabilidade. Os cambios son comportamentos, polo que non se trata só de falar, hai que poñer en práctica o necesario para vivir e gozar un/ha do outro/a.
Sicoloxía infanto-xuvenil
Atendemos as necesidades das familias e os nenos/as desde a infancia ata a mocidade. O noso obxectivo é favorecer o benestar físico, mental e emocional, contando coas recentes contribucións neurosicolóxicas e as técnicas avaladas pola comunidade científica.
Supervisión de casos
Para profesionais sanitarios e da educación
A boa práctica sanitaria e/ou educativa esixe do profesional unha actitude de servizo, autocuidado e curiosidade respecto a coñecementos e técnicas de última xeración.
É frecuente que profesionais da saude e da educación sufran cando se atrancan cos seus pacientes/alumnos-as. A supervisión de casos dende o punto de vista sistémico permite ao profesional sanitario/educativo ver cal é o papel que xoga el/ela na súa relación co paciente/alumno-na.
Este feito de ver a posición frente ao que sucede, permite evaluar a situación e decidir, de entre as opcións dispoñibles, o paso que máis lle convén para impulsar ao paciente hacia a saude e ao alumno-a hacia a aprendizaxe.
Coaching sistémico
Para autónomos e directivos
Para traballadores por conta propia e xestores
En palabras de Marta Ocampo, presidenta e fundadora da Asociación Internacional de Nuevos Pensadores, de quen recibimos formación, coñecemento e experiencia, o CS está baseado no feito de que vivimos en relacións, en grupos chamados sistemas (social, familiar, laboral).
Para lograr cambios significativos que permitan que a persoa se aliñe co seu obxectivo, é importante observar o contexto en que se atopa. É necesario ver que situacións e relacións inflúen e afectan á realización de cambios.
Trátase de axudar ao cliente a identificar a súa posición e ver cómo esa posición facilita ou dificulta a consecución dos obxectivos para desenvolver novas opcións que poñan en movemento o motor de cambio que a persoa quere lograr.
Sicoloxía da música
Dúas disciplinas en sinerxia permanente. Para músicos e para tódolos públicos
Para tódolos
públicos
A música provoca cambios na activación fisiolóxica e no estado de ánimo do ser humano; ao avaliar os hábitos musicais e realizar intervencións baseadas na escoita musical, obtemos melloras significativas na calidade de vida percibida e no benestar sicolóxico.
Para músicos
A Sicoloxía ofrece acompañamento, mellora e optimización do desempeño artístico dos/as músicos/as
Os/as músicos/as, como os atletas, son profesionais esixidos de alto rendemento; o/a artista e intérprete, se non avanza, retrocede.
A práctica diaria e a saúde son esenciais para desenvolver a profesión con éxito e permanecer nela a medio e longo prazo. As esixencias de autocuidado do/a artista pasan por manter un exquisito equilibrio corpo-mente-emocións.
O/a intérprete necesita combinar e equilibrar a disciplina, exactitude e precisión necesarias para o estudo co sentido, o sentimento estético e a actitude de entrega ao traballo que executará. Variables cognitivas como atención, concentración e memoria desempeñan un papel de gran relevancia na aprendizaxe.
Como membros asociados de AEPMIM, Asociación Española de Psicología de la Música y la Interpretación Musical, invitámosche a coñecer máis sobre o que a Sicoloxía pode facer por ti. Pulsa no logo e accederás a toda a súa información.
Terapia baseada na Atención Plena (Mindfulness)
O método terapéutico apoiado na Atención Plena (Mindfulness) axuda a ver máis claramente as tendencias mentais e aprender a recoñecer cando comeza a afundir o estado de ánimo. Axuda a desfacer o círculo vicioso entre o ánimo baixo e o pensamento debilitante.
Con esta técnica aprendes a desenvolver a capacidade de permitir que estados de ánimo, pensamentos e sensacións angustiosas veñan e marchen, sen ter que loitar con eles.
Midfulness é unha técnica enfocada na observación e recoñecemento de experiencias, sentimentos e experiencias mentres nos están sucedendo. Neste sentido, pode ser unha ferramenta valiosa na xestión emocional, xa que esa concentración evita pensamentos sobre o pasado ou o futuro, xuízos de valor ou interpretacións.
Así chegarás a ver con maior claridade e convicción como abordar habilmente a experiencia, momento a momento, tomando máis pracer nas cousas boas que moitas veces pasan desapercibidas e inapreciadas e xestionar máis eficazmente as dificultades atopadas, sexan reais ou imaxinarias.
No campo da Sicoloxía, mindfulness atopouse eficaz no tratamento dos síntomas asociados a unha ampla variedade de trastornos, incluíndo depresión, ansiedade, trastorno obsesivo-compulsivo, adiccións, trastornos alimentarios, dor crónica, trastorno por estrés postraumático e trastorno límite da personalidade.